19 agosto, 2021
Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto.
O Xefe de Patrullas, Sargento Marcos e o Oficial de Enlace da provincia de Pontevedra, Brigada Lamas, informaron esta mañá ao Alcalde sobre esta estratexia que permanecerá activa ata o 30 de setembro co despregamento inicial de 30 patrullas terrestres nas zonas da comunidade con maior actividade incendiaria, unha delas nas comarcas do Condado – Paradanta, con sede única na Cañiza, que integra todos os Concellos do Distrito XVII e o Concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.
Ademais dos labores de vixiancia continua, que contarán con drons, os efectivos militares despregados realizarán unha importante acción de disuasión e visibilidade. Este sistema de prevención efectiva se fundamenta na disposición dun sistema de detección e alerta temprana que permite a actuación dos equipos en tempo e forma.
Nesta primeira reunión o Alcalde, Luis Piña, agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes anos na loita contra os incendios, corroborado polas estadísticas que marcan un importante descenso dos incendios nos nosos montes”. Luis Piña, un ano máis lle transmitiu aos oficiais “a vontade do consistorio de colaborar e traballar conxuntamente sempre que a situación o requira”.
No ano 2019, o Alcalde adoptou a decisión de buscar un mellor emprazamento para as patrullas con sede na Cañiza que ata o 2018 se aloxaban nos comedores e anexos do Centro de Ensinanza de Carballo do Marco. Nese ano adaptouse o Centro Cultural O Pateiro de Oroso para que estes efectivos poideran disfrutar de maior comodidade. A estes efectos dotouse á instalación de auga potable coa construcción dun pozo, de quentador de auga e de duchas. Ademáis contan cun espazo único para a instalación das habitacións e outro para o posto de mando.
Alerta