11 octubre, 2021
O Concello de Marín ven de levar a cabo traballos de limpeza do Río Lameira, unha actuación que procura limpar os laterais e o propio cauce, sacando toda a maleza e os restos que poidan aparecer, co obxectivo de prever problemas de desbordes e para evitar que se produzan danos na época de chuvias.
Unha vez rematen co Río Lameira, os operarios encargados da execución dos traballos pasarán aos seguintes ríos.
O río Lameira: desde Ponte Zapal ata a ponte de Coirados, así coma o regato que vai por detrás do CEP Sequelo.
O río da Grela: desde a ponte de Coirados ata o Lavadoiro da Presa.
O río da Laxe: desde a ponte do camiño do Peso ata a parcela traseira ao supermercado Mercadona, incluindo o corte e a recollida das cañas do talude do CEIP da Laxe.
O río Lapamán: desde a estrada xeral ata o camiño.
O río Castiñeiras: desde o Lavadoiro de Coirados ao muíño antigo na Roza.
A inversión total é de 11.600 euros
Alerta