5 agosto, 2021
Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios. A previsión é que en sete días laborais a hidro limpeza estea rematada.
Cando seque a pedra, realizarase unha imprimación das fachadas para preservar o edificio, deseñado polo arquitecto Antonio Palacios.
A concelleira responsable de Vías e Obras, Lourdes Moure explicou que elixira estas datas porque “o mes de agosto tradicionalmente hai menos veciñanza en Porriño polas vacacións e deste xeito teremos o edificio do Concello limpo e arranxado para as festas do Cristo, na quincena final de setembro.
Alerta