9 diciembre, 2021
Así o comunicou o Alcalde Luis Piña que hoxe visitou a instalación deportiva acompañado da Vicepresidenta do clube de balonman Cañiza, Mercedes Lorenzo.
Cun investimento de 25.800€, a pantalla deportiva, adxudicada á empresa Mondo Ibérica SAU, instalouse o pasado 11 de novembro.
A nova pantalla Led “multideporte” do pavillón municipal inaugurouse o pasado sábado 27 de novembro, durante os encontros disputados entre o Saeplast BM. Cañiza e o Rodosa BM. Chapela e o Oliveira & Faro Saeplast Cañiza e o Siero Deportivo BM.
Ata o día de hoxe non se puideron celebrar máis partidos xa que o Concello está rematando as obras de reparación da cuberta desta instalación deportiva. Actuación que debe finalizarse antes do 20 de decembro como así se recolle no Convenio asinado entre a Vicepresidencia da Xunta e o Concello da Cañiza para acometer estas reformas.
A instalación desta nova pantalla deportiva súmase á actuación inaugurada o pasado 26 de outubro pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva, que visitou a reforma integral sobre unha das dúas zonas destinadas a vestiarios, duchas e aseos do pavillón Carballo do Marco. Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación 2020 cun investimento de 46.714,15€ .
O novo videomarcador cun investimento de 25.800€ está subvencionado con 20.000€ da Subdirección Xeral de Xestión deportiva da Xunta e 5.800€ de fondos propios do Concello.
Como xa manifestara o Alcalde Luis Piña o pasado 12 de novembro “con estas actuacións modernizamos e adaptamos os servizos do pavillón que gañará en confort e calidade de xogo ”. “cumprindo co compromiso adquirido co deporte da Cañiza, dende o Concello estamos traballando e buscando financiación para mellorar as infraestruturas municipais para a realización de prácticas deportivas en beneficio dos veciños e veciñas da Cañiza; para potenciar o deporte de base e para satisfacer as demandas sociais no ámbito deportivo do noso Concello”.
Alerta