Os coles de Marín prepáranse para vivir un Samaín terrorífico

Compartir
Samaín. Fonte: Concello

A Festa do Samaín é, desde hai xa anos, unha data imprescindible nos calendarios de pequenos e maiores.

Coa chegada do outono e das primeiras castañas, tamén chegan as lendas, o terror e as actividades nos coles.

 

Os centros educativos de Marín están volcados coa celebración desta festa, decorando as súas instalacións e tratando de deseñar actividades educativas que non só impliquen ao alumando, senón tamén ás Ampas e ás familias en xeral.

Sobre todo, destacan as espectaculares decoracións que se levaron a cabo, tanto no exterior coma no interior dos centros, que permite que os máis pequenos se introduzan de cheo no ambiente do Samaín.

 

Samaín. Fonte: Concello

 

Por outra banda, non poden faltar os concursos de decoración de cabazas, que ano a ano en todos os coles implican ás familias. Tamén en moitos casos aproveitarase a ocasión para facer obradoiros de comida con alimentos típicos desta época ou magostos.

Por suposto, tampouco faltarán os disfraces para que alumnado, ampas e profesorado poidan vestirse de terror e aproveitar. Tamén haberá especial fincapé na narración de contos de medo, elaborados en moitos casos polos nenos e nenas, e na transmisión oral de lendas e narracións curtas que permitan aos rapaces practicar esta aptitud académica.

 

Samaín. Fonte: Concello

 

Desde o Concello, queren poñer en valor todo o traballo que os centros están a facer e agradecer tamén a colaboración das Ampas, grazas ás cales tamén é posible facer do Samaín unha festa especial e chea de “terror”.

No que respecta ao Concello, acordouse con Juan XXIII e coa Comparsa Os da Caña que se decorarán distintos puntos da vila, como a casa principal de Briz ou o Palco da Alameda.

 

Samaín. Fonte: Concello

 

Ademais, o Concello anima á veciñanza a que se faga fotografías nestes decorados, tanto se están disfrazados coma se non, e que suban as súas imaxes ás redes, etiquetando ao perfil do Concello (@concellodemarin) e utilizando a etiqueta #SamainMarin.