16 noviembre, 2024
A Asociación de Comercio e Servizos ten como presidenta a Carmen Soliño e vicepresidenta a Elsa Pereira. Na presentación da entidade estiveron acompañadas pola alcaldesa, Nidia Arévalo, o Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén, e os concelleiros Julia Loureiro, Feli Rodríguez e José Ramilo
Esta mañá tivo lugar no Pazo de Mos a presentación de ACeS Mos, Asociación de Comerciantes e Servizos de Mos, así como da Mesa Local de Comercio que celebrou a súa sesión constitutiva.
No acti estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o Director Xeral de Comercio: Gabriel Alén, a Presidenta da Asociación de Comercio e Servizos de Mos: Carmen Soliño, demais membros da Asociación, membros da Mesa Local de Comercio tales coma a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Rías Baixas, a Asociación BaRes Mos, e AEMOS; a concelleira de Emprego e Participación Cidadá: Julia Loureiro, demais concelleiros de goberno integrantes da Mesa de Comercio: Feli Rodríguez, concelleira de Economía e Industria e José Ramilo, concelleiro de Urbanismo.
Destaca a importancia da creación da Asociación de Comerciantes, ACeS Mos e da MESA Local, xa que dos 315 concellos de Galicia só 168 teñen constituída Mesa Local do Comercio, e na provincia de Pontevedra tan só 55.
Esta Mesa Local do Comercio ten como funcións: Realizar campañas de promoción, estudos sobre a situación do comercio, plans de dinamización. Formación de empresarias e empresarios e persoal traballador. Programas relacionados con novas tecnoloxías e I+D+i. Elaborar informes para a realización de feiras de oportunidades organizadas polas persoas comerciantes. Actuar como órgano consultivo do concello en todas as cuestións que afecten ao comercio do municipio. Propoñer ao concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere conveniente para o desenvolvemento e mellora do sector. Ser oída na elaboración de plans de tráfico e de ordenación urbana. E informar en todos aqueles asuntos que, pola súa relevancia para o comercio, lle sexa solicitado pola consellería competente na materia.
Os obxectivos son: lograr unha maior visibilización e dinamismo do comercio local, erixirse en foro de debate plural e eficaz e en espazo consultivo e de coordinación local, co obxectivo de consensuar as políticas municipais para a promoción da actividade comercial de Mos. Poñer en común as necesidades do comercio local, e expor iniciativas que permitan visibilizar o comercio local do municipio.
Compleméntase a creación da Asociación e da Mesa Local coa campaña Queda en Mos, que inclúe a 2ª Edición do Mercado Aberto Queda en Mos de comercio e hostelería de proximidade que terá lugar no Pazo de Mos os días 6, 7 e 8 de decembro. E a innovadora campaña en redes sociais para apoiar ao comercio local titulada tamén Queda en Mos que comezamos o pasado mes de agosto e no seu 1º mes de actividade logrou xa preto de 100 mil visualizacións e máis de 12 mil contas únicas alcanzadas. Instagram e Tik Tok son as plataformas empregadas.
Alerta