25 junio, 2021
― A través destas concesións a concellos e outras entidades locais para potenciar a
conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da
violencia de xénero dáse cobertura con estas axudas ao 89% da poboación galega
― Destínanse máis de 431.417 euros aos 10 Centros de Información á Muller de Galicia
― Desde o ano 2015 a Xunta leva destinados a estes apoios máis de 36 millóns de euros
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a
delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar conta da resolución da convocatoria de axudas destinadas ás entidades locais da Comunidade (concellos, consorcios, mancomunidades, agrupacións ou asociacións de concellos) para o desenvolvemento de iniciativas dirixidas a promover a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero. En 2021, os apoios chegarán a 262 concellos (o 84% do total) que aglutinan o 89% da poboación galega; 13 no caso da comarca viguesa.
A Xunta investirá nesta convocatoria máis de 6,4 millóns de euros, dos que preto de 524.000 euros corresponden aos concellos da área territorial de Vigo. Con estes cartos facilitarase a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero.
Ao abeiro desta convocatoria, O Goberno galego financia actuacións de catro programas:
(1) fomento da conciliación; (2) promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; (3) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e (4) o programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.
Atendendo as axudas correspondentes á área territorial de Vigo, o primeiro dos programas conta con 29.784 euros cos que se apoian as iniciativas dos concellos de Vigo e Pazos de Borbén para o fomento das medidas de conciliación.
A segunda liña, que se centra na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero reparte 56.394,70 euros entre os concellos de Cangas, Salceda, Moaña, Soutomaior e Vigo. Coa mesma a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.
A terceira liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por 10 centros na comarca viguesa, con cobertura en 13 concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando 431.417,30 euros.
A cuarta liña céntrase na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Na convocatoria
deste ano destinasen 6.000 euros a Pazos de Borbén con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A Xunta leva investidos nestes programas desde o ano 2015 máis de 30 millóns de euros, o que permitiu axudar a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias.
A distribución destas achegas na comarca viguesa é a seguinte:
Concello Total concedido
Vigo 72.000€
Moaña 57.000€
Cangas 53.502,42€
Baiona 45.000€
Nigrán 45.000€
Redondela 45.000€
O Porriño 45.000€
Gondomar 38.678€
Pazos de Borbén 39.450,67€
Soutomaior 27.738,67€
Mos 23.902,90€
Fornelos de Montes 20.000€
Salceda de Caselas 11.322,70€
TOTAL 523.596€
Vigo, a 25 de junio de 2021. N.P. DdV
Alerta