San Roque. Fuente: Parroquia de Santa Eulalia de Arealonga.
21 agosto, 2021
As actividades desenvolveranse durante todo o día no Parque Enrique Valdés Bermejo
Haberá obradoiros de regueifas e pandeireta e os concertos de Bouba, Clara Pino & Pablo Vidal e Xosé Lois Romero e Aliboria
Como todos os anos, realizarase unha visita ao xacemento castrexo de Alobre guiada polo músico Xurxo Souto
As Festas de San Roque culminan mañá, domingo 22 de agosto, cunha xornada na que o folclore e a cultura popular galega serán os protagonistas de excepción. As actividades concéntranse durante toda a xornada no Parque Enrique Valdés Bermejo para desenvolver a quinta edición da romaría urbana de Folk no Alobre, na que non faltarán nin os obradoiros tradicionais nin os concertos, e todo no marco incomparable do xardín botánico. Ademais, no evento organizado polo colectivo Pés de Barro coa colaboración da Concellería de Cultura, haberá unha visita ao xacemento castrexo de Alobre guiada polo músico Xurxo Souto, e o son das gaitas deixarse oír tamén polas rúas da cidade cos pasacalles dos grupos de gaitas Xirifeiros e Lumarada de Cornazo.
AXENDA PARA O DOMINGO 22 DE AGOSTO
11:00 – 21:00 no Parque E. Valdés Bermejo, Folk no Alobre.
11:00 Obradoiro de regueifa feministas.
12:30 Obradoiro de iniciación a pandeireta .
Inscripcións en: pesdebarro@hotmail.com
18:00 Concerto: Bouba Pandereiteiras.
Un grupo de mozas da zona de Tordoia centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para podela amosar polo mundo adiante. María da Pontragha, Carme da Pontragha, Olga de Chee Maca do Piñeiro son Bouba Pandereteiras.
Concerto: Clara Pino & Pablo Vidal e banda.
Clara Pino (arpa celta, voz) compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar «Sete Saias», «Loaira» e «Un dedo manchado de tinta». Mencionar tamén o premio concedido pola Consellería de Educación co proxecto «A música desde o silencio» que inclúe a creación do tema e videoclip «Contracorrente», no que participa Pablo Vidal. Colabora nos proxectos de música infantil «A nena e o grilo nun barquiño» «Pitusa Semifusa» e «Alegría».
Pablo Vidal (contrabaixo, voz) conta cunha longa traxectoria musical que abrangue desde o jazz, o rock, á música orquestral e infantil, e múltiples colaboracións no panorama musical galego (Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Xoán Curiel, etc.), ademais de formar parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan «Tatán Chapeu», «Jazz Pagano» (Pablo Vidal Trío), Os Resentidos & Lira Big Band, A Doce Vita Sons de Cine, e «Nowhere», xunto con Clara Pino.
Entrada de balde ata completar aforo 30 minutos antes da actuación.
19:50 Visita guiada Polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo, acompañados por Xurxo Souto, grupo tradicional e Guia.
Inscripción en: pesdebarro@hotmail.com
21:00. Concerto: Xosé Lois Romero e Aliboria.
Se a terra latexa, alguén terá que facer de médium para traducir ese latexo en son. Xosé Lois Romero & Aliboria son o proxecto indicado para trasladar o bruar da terra, algo que chega dende o corazón, pero que pasa polas vísceras, e se converte nunha sorte de zunido tribal, de folclore racial, de estalido musical.
Entrada de balde ata completar aforo 30 minutos antes da actuación.
13:30 – Rúas da cidade- Pasacalles.
Grupo de gaitas Lumarada de Cornazo.
20:30 – Rúas da cidade- Pasacalles.
Grupo de gaitas Xirifeiros.
Alerta