22 noviembre, 2021
A adhesión ao Plan Personalizado de Pagos permite fraccionar a suma total dos recibos do ano en 1, 4, 5 ou 11 mensualidades, segundo mellor lle conveña.
Os impostos e taxas que entran no plan son os do IBI, saneamento, lixo, circulación, vados e IAE.
Para adherise ao plan só é necesario que o titular dos recibos o solicite no departamento de Rendas, presentando o seu DNI.
O Concello de Vilagarcía de Arousa lembra que o martes, 30 de novembro,remata o prazo para que os contribuíntes poidan solicitar acollerse ao Plan Personalizado de Pagos do conxunto das taxas e impostos municipais correspondentes ao ano 2022. As persoas que se adhiran a este sistema teñen a opción de abonar nunha soa vez ou fraccionar en 4, 5 ou 11 mensualidades a suma anual que deben abonar ao Concello. Con esta medida, posta en marcha a pasada primavera, o goberno local busca facilitar aos vilagarciáns o cumprimento das súas obrigas fiscais coa administración municipal, de forma que dividan o pago en funcións ás súas necesidades e como mellor lles conveña.
O trámite de adhesión a este sistema de pago á carta é moi doado. O titular dos recibos só ten que acudir ao departamento de Rendas con DNI e solicitalo (non é necesario pedir cita previa). Alí faranlle unha estimación da suma total que lle corresponde abonar en 2022 polas taxas e impostos de ámbito municipal, de modo que o interesado decida o fraccionamento que desexa. Este comezará a aplicarse a 1 de xaneiro, segundo os prazos elixidos. Entrado o ano, poderá seguir solicitándose a adhesión ao Plan Personalizado, pero xa para aplicar no seguinte exercicio económico, o de 2023. Por iso as persoas que desexen que se lles comece xa a aplicar en 2022 terán que realizar o trámite antes do 1 de decembro.
Os impostos que son susceptibles de entrar no plan de pagos personalizado son todos aqueles incluídos no padrón municipal: IBI, saneamento, lixo, circulación, vados e IAE. Os requisitos para poder acollerse ao plan personalizado de pagos son que o interesado teña unhas obrigas tributarias anuais mínimas de 100 euros e que a cota mensual a fixar non sexa baixe dos 15 euros.
A utilización do plan de pagos non conleva ningún tipo de recargo, dado que o que o goberno socialista pretende con esta medida é axudar aos veciños a que poidan afrontar as súas obrigas fiscais co Concello dándolles as maiores facilidades posibles.
O Plan Personalizado de Pagos é unha opción voluntaria que o contribuínte pode elixir se o desexa e nas modalidades que se especifican. No caso contrario, seguiríase utilizando o sistema actual, de pasar ao cobro cada recibo en base ao calendario fiscal que rexe ata o momento.
O contribuínte poderá cancelar o seu plan de pago cando o desexe. E os que o teñan aprobado, non o terán que renovar cada ano, senón que se lles prorrogará de forma automática.
Alerta