21 febrero, 2025
A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este venres a Confederación de Empresarios de Pontevedra na que xa se levan a cabo 11 accións formativas
A Consellería de Promoción de Emprego ofertará 284 cursos con 132.522 horas a través de dous concellos e 43 entidades
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, avanzou este xoves que a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade subvencionará na área viguesa un total de 284 cursos formativos no marco do plan AFD (accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas).
Así o sinalou a representante autonómica durante a visita á Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), na que xa comezaron sete dos once cursos de formación orientados a activades de xestión administrativa, contabilidade e tratamento de datos. Das 13 accións formativas, 9 son de Grado C e 4 competencias clave. Todas na modalidade presencial.
Ana Ortiz explicou que os cursos contan cun investimento de 13,7 millóns de euros (13,2 millóns en 2024 e 9,5 millóns en 2022) dunha partida económica para a provincia de 23,7 millóns (16,3 millóns en 2022). No conxunto da área viguesa serán 132.522 horas (128.089 horas en 2024 e 92.613 horas en 2022) para un total de 4.470 alumnos a través de dous concellos (Cangas e O Porriño) e un total de 43 entidades (8 sen ánimo de lucro). “Desde a Xunta traballamos para formar ás persoas coa mirada posta nos sectores máis innovadores e adaptados ás necesidades da economía da área de Vigo”, sinalou.
Alerta