14 septiembre, 2021
Durante os próximos quince días, poderá visitarse no Museo Torres, unha exposición na que poder ver obras doadas por artistas ao longo dos 30 anos de vida do museo, e que estaban catalogadas nos fondos Municipais.
A Concelleira Itziar Álvarez explicou que a motivación desta exposición, denominada “Os fondos do Museo”, vén motivada por sacar á luz “todas esas doazóns de obras que fixeron moitos artistas ao longo dos 30 anos de vida do noso museo Municipal”.
Na sala 1, exporanse retratos e debuxos de persoas, como Esperon, Sabela
Canitrot…
Na sala 2 estará adicada a Marín. Son moitos os pintores que han levado os seus
lenzos esquinas do noso pobo, como Gabriel Barros, Estévez….
O corredor estará adicado ao mar, mariñas e mariñeiros, como os cadros de
Gulías.
Na sala 3 poderá verse unha miscelánea, distintos estilos…. Como o de Miguel
Villanueva.
A sala 4 estará adicada a lugares, algúns tan recoñecibles como o Pórtico de la
Gloria de Villafinez, recentemente restaurado.
Na sala 5 poderán verse paisaxes, ese verde tan característico da paisaxe galega,,
de Pedrosa, Descamps…
Alerta