25 septiembre, 2021
O programa, aberto a todos os públicos e de carácter gratuíto, desenvolverase todos os martes na sala de conferencias do Auditorio.
Non é necesario inscribirse.
Os encontros sobre creación artística “Os Martes, Arte” inician a vindeira semana un novo curso. O Auditorio volva a acoller a actividade que dirixe o profesor Augusto Guedes e cuxo programa para este ano volverá a alternar dúas temáticas: o Románico e as diferentes correntes artísticas do século XX. A actividade está aberta a toda a poboación, sen límite de idade; basta con achegarse ao Auditorio cada martes ás 19.30 horas.
A Concellería de Cultura colabora na organización de “Os Martes Arte”, o programa que pretende achegar o arte á cidadanía dun xeito didáctico, divertido e accesible a calquera, teña ou non coñecementos sobre a materia. A actividade estará dirixida por Guedes que, de xeito interactivo e dinámico, explicará aos asistentes o contexto da obra, estilo ou movemento a estudio, as súas características, contexto histórico, as circunstancias do autor, técnicas e outros aspectos precisos para entender o que pretendeu expresar o creador ou o significado da peza ou da corrente en cuestión.
Dadas as actuais circunstancias sanitarias, a actividade queda sometida ao aforo autorizado para a sala de conferencias do Auditorio en cada momento e, ademais de gardar as distancias de seguridade preceptivas e ser necesario o uso de máscara, tamén se tomará nota dos asistentes e número de contacto.
Alerta