Reyes Magos. Fonte: Vilagarcía
30 noviembre, 2021
As casas reais e Melchor, Gaspar e Baltasar traballan co Concello nas actividades a realizar, e os protocolos a seguir segundo evolucione a situación epidemiolóxica.
Haberá unha recepción cos cativos similar á do ano pasado e estase a traballar na organización dunha Cabalgata, cuxas características dependerán das normas sanitarias en vigor no momento.
Como xa acontecera o ano pasado, as súas maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén se viron obrigados este ano a cambiar o seu protocolo habitual de visitas durante o Nadal para adaptarse ás normas de seguridade impostas pola pandemia. Maila isto, os nenos e nenas de Vilagarcía terán a oportunidade de volver a reencontrarse cos Reis Magos, que xa están ultimando a axenda de actos a desenvolver durante a súa visita anual a Vilagarcía.
Dado que aínda queda máis de un mes para o esperado Día de Reis, as casa reais de Melchor, Gaspar e Baltasar xa están organizando co Concello dúas importantes citas. A primeira será unha gran recepción para que todos os cativos, e tamén os maiores que o desexen, poidan ir a saudar persoalmente aos Magos de Oriente, un acto similar ao desenvolto por primeira vez o ano pasado, pero adaptado ás condicións sanitarias deste.
Igualmente, o Concello e as casas reais están traballando xa dende hai unhas semanas na organización da Cabalgata, acto cuxas características e posta en escena van a depender das normas sanitarias en vigor neses momento.
A previsión é que os Reis Magos cheguen a Vilagarcía uns días antes para poder celebrar as recepcións necesarias para que todos os vilagarciáns poidan pasar a saudalos, e que o tradicional desfile sexa, como sempre, a tarde do 5 de xaneiro.
As características dos eventos, horarios, normas de participación e demais, faranse públicos tan pronto como se peche o programa e con tempo suficiente para que todos os nenos e nenas da cidade poidan ir preparándose para a esperada cita.
LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vila