22 noviembre, 2021
O Pazo da Cultura acolle a primeira reunión da mesa de traballo Lab Sociedade, na que María Lorenzo, Xaime Domínguez, Ada Otero e Aurora Coego analizaron aspectos que poden contribuír a mellorar a vida ads persoas nos eidos da igualdade, a inclusión e a diversidade funcional.
Os talleres do proxecto Laboratorio da Infancia, impulsados pola Concellería de Educación dentro das accións da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra ‘Más Modelo Pontevedra’ (Edusi), retoman a súa actividade esta semana e ata finais de decembro coa participación dunha decena de centros escolares. Xa para a xornada de mañá está previsto un novo obradoiro de Escalada no Pavillón Multiúsos da Xunqueira ás 11:20 horas cun grupo de 23 rapaces de 4º curso do CEIP San Martiño de Salcedo, mentres que tanto o mércores 24 como o xoves 25, (tamén ás 11:20 horas), serán grupos 5º e 6º do CEIP Daría González, (de 10 e 9 nen@s respectivamente), os que protagonicen unha ruta polos Muíños do Batán, na parroquia de Salcedo, e o venres 26 ás 10:50 horas un grupo de 25 alumn@s de 3º curso do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús o que realice unha andaina por un treito do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Tomeza.
Os talleres, desenvolvidos pola empresa Marexada, proseguirán o martes 30 de novembro ás 11:20 horas, cunha nova actividade de Escalada no Pavillón da Xunqueira para 24 rapaces do CEIP Marcón; e o mércores 1, o xoves 2, o venres 3 e o xoves 9 de decembro, con grupos de entre 24 e 25 alumnos de 1º e 2º curso do CEIP Vilaverde-Mourente que efectuarán camiñadas polo citado treito xacobeo e polo roteiro dos Muíños do Batán. O venres 10 de decembro serán outros 25 alumnos do CPR Sagrado Corazón os que completen o percorrido polo Camiño de Santiago.
O luns 13 de decembro e o mércores 15 terán lugar novas saídas polos Muíños do Batán con 17 rapaces de 1º curso e 13 de 2º do CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, o martes 14 un taller de Escalada no Multiúsos da Xunqueira con 25 nenos e nenas de 1º do CEIP de Parada (Campañó), o xoves 16 un Observatorio de Aves nas marismas de Alba con 14 escolares de 2º do CEIP Plurilingüe Froebel e o o venres 17 e luns 20 dúas saídas pola ruta dos Muíños do Batán con sendos grupos de 24 rapaces de 2º do CEIP Marcos da Portela.
Alerta