Os veciños de Pereiras queren coñecer se houbo un xacemento no seu Castro

Compartir
Castro de Pereiras. Fonte: Concello

Esta semana tivo lugar no local Social e Veciñal de Pereiras a presentación á Corporación Local, encabezada pola alcaldesa Nidia Arévalo, do proxecto de actuación das sondaxes valorativas do lugar precisamente denominado Os Castros, nas inmediacións do local social e veciñal.

Este lugar xa esta inventariado en Patrimonio como Castro, pero non existe nin documentación nin estudio que o avale. A empresa Tempos Arqueólogos S.L, foi a que elaborou este  proxecto  e será a encargada de realizar as prospeccións nos terreos que rodean o local social.

 

Pereiras. Fonte: Concello

Neste reunión se fixo unha explicación do contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía a empregar e os obxectivos que se pretender acadar con esta obra.
A obra está prevista que comece o 20 de setembro e que dure ata o 1 de outubro.

Estas sondaxes valorativas pretenden dar resposta ao reclamo da veciñanza, por saber se ahí estivo un xacemento denominado “Castro de Pereiras” e si fóra así, coñecelo e divúlgalo.

Aproveitando a ocasión, a comunidade de montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, invitarán aos centros educativos para que sexan partícipes de estas escavacións, e esta invitación se extenderá a tódalas asociacións e persoas que así as queiran visitar.