
17 febrero, 2025
Pablo García Guerra, de 19 anos e natural de Sada, foi o vencedor da primeira edición da selección «Breogán Júnior Team», que tivo lugar este domingo 16 de febreiro no circuito de A Pastoriza, en Lugo.
Esta selección, aberta a aspirantes de entre 18 e 24 anos de toda Galicia e patrocinada polo Grupo Breogán, contou finalmente con 25 participantes, que comezaron a actividade as 9:00 horas da mañá.
Despois das eliminatorias, os finalistas foron o propio Pablo García, Alejandro Cagiao, Diego Rodríguez e Diego Grandal, que afrontaron o trazado marcado por PTC Escuela en sentido inverso nunha manga por turnos apaixoante.
Despois de cada un das rondas dos finalistas, o mellor foi Pablo García que marcou un crono de 1:58.793. No segundo chanzo da clasificación a tan só 0.354 segundos sitouse Alejandro Cagiao, mentres que Diego Grandal foi terceiro, a 2.6 segundos. O cuarto posto finalmente para Diego Rodríguez, a 5,4 segundos logo de derribar un dos conos e sufrir unha penalización.
Gracias ao apoio do Grupo Breogán, da Federación Galega de Automobilismo e de AMF Motorsport, Pablo García disputará o Criterium Galicia Recalvi aos mandos dun Toyota Aygo, que xa tivo ocasión de pilotar durante unhas voltas no trazado de A Pastoriza.
Alerta