31 enero, 2025
O novo presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Pablo Prieto, reuniu hoxe en Santiago á súa nova Xunta Directiva para o seu mandato ata o ano 2026 co obxectivo de sentar e afianzar as bases e os retos do fútbol galego para os próximos anos.
A Xunta Directiva da RFGF presenta varias caras novas e destaca a integración de cinco caras femininas. Ademais, hai unha porcentaxe de membros independentes.
Na súa primeira toma de contacto coa presidencia da RFGF fixo fincapé no excelso traballo realizado pola xunta directiva que acompañou ao anterior presidente, Rafael Louzán. Por iso, o novo reitor do fútbol galego aposta por unha liña claramente «continuista», unha folla de roteiro que levou á RFGF a converterse en toda unha referencia en España.
Este órgano de Goberno profundou na súa primeira reunión de traballo nunha serie de compromisos e políticas que definirán a presidencia de Pablo Prieto, onde destacan o traballo en equipo, o compromiso con todos os clubs galegos, a marca e o bo goberno ou a formación e os novos plans estratéxicos, entre outros asuntos de interese.
Cinco caras femininas na xunta directiva
Na nova xunta directiva da RFGF que comanda Pablo Prieto salienta a presenza de cinco caras femininas, que son as seguintes:
Esta é a nova Xunta Directiva da RFGF:
Alerta