Paola González Casales designada pola Federación Internacional de Balonmán, delegada por España
26 julio, 2024
Paola, que deu os seus primeiros pasos no BM Porriño, conta cunha dilatada traxectoria nesta disciplina deportiva sendo a primeira galega designada como delegada da EHF
París acollerá do 27 ao 29 de xullo o “IHF Beach Handball Showcase” no marco dos Xogos Olímpicos 2024 e, como non podía ser doutra forma, O Porriño estará presente. A porriñesa Paola González Casales foi designada pola Federación Internacional de Balonmán como delegada por España, marcando un novo fito na súa traxectoria deportiva e tamén na da vila na que deu os seus primeiros pasos nesta disciplina.
Paola comezou a xogar no BM Porriño aos 11 anos e, pese que a deixou a pista anos despois cando marchou vivir fora de España, seguiu sempre moi vinculada a este deporte. No ano 2016 a EHF (Federación Europea de Balonmán) ofreceulle a oportunidade de sumarse como delegada federativa, convertendose na primeira galega delegada federativa en balonmán praia.
Unha responsabilidade que asumiu con entusiasmo e que foi o primeiro paso dunha traxectoria que hoxe a leva ata os xogos de París. “Durante todos estes anos combinei o balonmán co meu traballo, algo que en momentos non me resulta doado e que nalgunhas ocasións me levou a ter que renunciar a participar dalgúns eventos importantes, como o Global Tour que se vai celebrar en España”, explica.
Alerta