11 febrero, 2025
Pazo dos Deportes Paco Paz prepárase para unha nova noite de baloncesto. Este mércores, ás 20:45 horas, o Aircargobooking Ourense recibe ao Alimerka Oviedo nun encontro clave para romper a xeira de catro derrotas consecutivas e recuperar sensacións na competición.
O equipo ourensán sabe da importancia deste partido para cambiar a dinámica e recuperar confianza. A pesar dos últimos resultados, o traballo diario e o compromiso do equipo son indiscutibles, e ante a súa afección buscarán dar un paso adiante. O apoio da bancada será fundamental para empurrar aos nosos xogadores cara ao triunfo ante un rival esixente como o conxunto asturiano.
Ademais, para crear un gran ambiente no Pazo, o club ofrece a cada socio a posibilidade de retirar unha entrada gratuíta nas oficinas. Así, agárdase unha gran resposta da afección para converter a cancha nun fortín.
O Alimerka Oviedo, pola súa banda, chega a Ourense coa intención de continuar a boa racha tras gañar dous rivales importantes como son Estudiantes e Tizona Burgos.
Alerta