É unha actividade organizada pola Área de Igualdade do Concello no marco da Semana Muller e Cultura.
O obradoiro desenvolverase mañá pola mañá no Auditorio Municipal entre as 10 e as 14 horas.
Co título “Reinventar a tradición oral”, ésta conta contos profesional, ilustrará aos asistentes sobre como enfocar e sacar o mellor partido á tradición dende unha perspectiva cómica e, neste caso, aproveitando para romper esterotipos sexistas.
O obradoiro está orientado a maiores de 20 anos e, aproveitando o humor, a retranca e algunhas que outras tradicións, ensinará aos asistentes a crear un discurso oral cómico e collido dende unha perspectiva de xénero.
A Semana Muller e Cultura organizada pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía co obxectivo de poñer en valor e visibilizar o papel e o traballo das mulleres creadoras no eido cultural, clausuraranse o venres 24 coa obra de teatro “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”, unha comedia a cargo da compañía teatral Olivas Negras que se representará ás 20.30 horas no Auditorio. Dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez, conta unha historia de autosuperación e empoderamento feminino, en clave de humor, na que o público tamén terá ocasión de observarse e viaxar coas protagonistas. A entrada para asitir a este espectáculo é libre e de balde ata completar aforo. Requirirase reserva previa a través de ataquilla.com