Pedro Rodríguez. Fonte: Concello
30 noviembre, 2021
Pedro Rodríguez Cerdeira, veciño da parroquia de Cequeliños proclamase campión da liga de motos de Campo na categoría Senior 2t.
Pedro, un apaixoado das motos, que leva competindo dende hai catro anos, gaña tamén a carreira de Enduro en Salceda do pasado 21 de novembro.
Fin de semana cargada de emocións no Trofeo Enduro Liga da Moto o ásado 21 de novembro. A diferenza doutros anos ó protagonista desta carreira que se disputaba en Salceda, era a de Pedro Rodriguez, veciño de Arbo que se xogaba ser o gañador da liga de motos de enduro de Galicia 2021.
Pedro, participaba o pasado 21 de novembro Trofeo Enduro liga da moto Campeonato Galego de Moto de Campo, co Dorsal 161, no que quedou en primeiro posto, proclamándose así, gañador da Liga de Motos de Campo na categoria Senior 2t no ano 2021.
O enduro é a especialidade máis completa do motociclismo, esixe velocidade, resistencia, técnica… É un compendio da arte de montar en moto e, ademais, o enduro é o deporte motociclista que máis evolucións experimentou na súa historia e Arbo ten o gañador do ano 2021 na categoría Senior 2t.
Pedro, un apaixoado das motos, leva competindo neste deporte dende hai máis de 4 anos. No ano 2020 correu en categoría E1 e gañou a carreira en Salceda tamén, acadou o segundo poste en Tui e a cuarta en Piñor, suspendéndose a liga pola crise do COVID-19.
Depois dun ano de competición, donde Pedro acadou o podio en Piñor, Rios, Abegondo é Salceda, remata a tempada cun novo trofeo na súa vitrina, sendo o único corredor neste deporte do municipio de Arbo.
O piloto de motos de campo, ten no seu garaxe máis de media docenas de este vehículo, as motos son a súa paixón e no vindeiro ano ten na súa folla de ruta competir en liga nacional.
O Concello de Arbo, quere felicitar a Pedro Rodríguez, e apoiar ao Deporte Arbense en todas as categorías e disciplinas.
Arbo, é cuna de grandes deportista!!! Felicidades Pedro, que segas acadando moitos triunfos.