9 septiembre, 2021
Tal como se esperaba, as travesías en galeón para maiores de 65 anos celebradas o pasado 1 de setembro tiveron unha excelente acollida ao terse cuberto todas a prazas ofertadas para as dúas viaxes previstas e quedar fora varias persoas. Por iso, a Concellería que dirixe Tania García decidiu organizar unha nova quenda, con outras dúas travesías a realizar o venres, 17 de setembro, pola tarde e na que poderán participar outras 18 persoas.
A participación nas viaxes en galeón é de balde para os asistentes, que terán que inscribirse previamente nas dependencias da Concellería de Muller. O prazo ábrese o luns 13 e o trámite poderá facerse ata o xoves 16 en horario de 8 a 13 horas. En caso de haber máis demanda que prazas ofertadas, estas asignaranse mediante sorteo. Quedan excluídas destas viaxes as persoas que xa participaron nas celebradas anteriormente.
As travesías partirán o venres 17 do peirao de pasaxeiros de Vilagarcía, a primeira con saída ás 16 horas e a segunda ás 18 horas. En caso de condicións meteorolóxicas adversas a actividade suspenderase, valorando o cambio de data ou a cancelación definitiva, dependendo das circunstancias.
Alerta