22 julio, 2024
Alfonso «Pisko» Ventín (clase A) e Francisco Dorado e Andrea Lamas (clase B) foron os vencedores do Rallymix de Ribadumia, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Na clase A, novo triunfo para «Pisko»(foi o máis rápido da xeral combinada cun tempo total de 45:39.838), con ampla vantaxe sobre o segundo clasificado entre os carcross, que foi Cristóbal Serantes(cuarto da xeral). Terceiro foi Jaime Castro (quinto da xeral).
Precisamente «Pisko» Ventín foi o primeiro clasificado entre os participantes da Copa MRF, seguido de Víctor Manuel Fernández e David González.
Dentro da clase B, victoria para Francisco Dorado e Andrea Lamas, que foron ademáis os segundos clasificados da xeral combinada e os mellores entre os participantes da Copa Pirelli 4×4 cun tempo total de 47:15.148.
A continuación, a 13 segundos, situáronse Tino e Jorge Iglesias(terceiros da xeral combinada). Xa a máis de dous minutos remataron na terceira plaza da clase B, Diego Vila e Alex Sampayo, co Skoda N5.
Rubén Vázquez e Sandra Amaro impuxéronse na Copa Pirelli Dianteira, aventaxando en 44 segundos a Marcos Lista e Adrián Díaz e en máis de dous minutos a Carlos e Matias Maquieira, estos últimos primeiros dentro da Copa Escuderías (segundos foron Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo e terceiros Fran Abalo e Manuel Raido).
Por último, no Memorial Epi, victoria para Iván e Adrián Vázquez e no Memorial Bárbara G. Oubel para Andrea Lamas.
Alerta