28 septiembre, 2021
O Concello de Salvaterra de Miño arranca coa elaboración do seu Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS), unha ferramenta de planificación da mobilidade e que ten como obxectivos favorecer os desprazamentos e modos de transporte enerxéticamente máis eficiente; potenciar, consolidar e definir novos itinerarios peonís e en bicicleta, asegurando a seguridade das persoas; mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade…, en definitiva mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns na búsqueda dunha mobilidade o máis sustentable posible.
O PMUS é un documento que está sendo elaborado por técnicos competentes en materia de mobilidade, que que será a guía de ruta das diferentes accións que o Concello realice no futuro, tendo como eixo fundamental a promoción da mobilidade a pé, minimizar o impacto do tráfico rodado, accións en materia de seguridade viaria e a recuperación de espazos para as persoas, facendo do noso concello un municipio máis eficiente, ecolóxico, saudable e moderno.
Con motivo da elaboración deste Plan durante estes días realizaranse diversas enquisas a pe de rúa, e habilitarase un enlace para que todos os veciños e veciñas poidan facer as súas aportacións, a través https://forms.office.com/r/p8PTW9mF9do
Alerta