27 noviembre, 2024
O auditorio Reveriano Soutullo vestiu este luns as súas mellores galas para albergar as «VI Xornadas de Actualización e Reciclaxe para adestradores/as de fútbol» que puxo en marcha a Real Federación Galega de Fútbol, a través do Comité Galego de Adestradores, unha iniciativa que acredita as horas de formación que cada técnico terá que xustificar a partir da temporada 2025/2026 para poder tramitar licenza de adestrador en España.
O evento converteuse noutra clase maxistral a cargo de catro relatores de primeiro nivel. Máis de 500 de técnicos procedentes de toda a xeografía galega abarrotaron o recinto para a organización desta acción formativa.
Catro técnicos de primeiro nivel
Foron 5 horas de aprendizaxe en estado puro. Os elixidos polo Comité Galego de Adestradores para estas «VI Xornadas de Actualización e Reciclaxe» foron os seguintes:
Unha xornada de recoñecementos e homenaxes
O Comité Galego de Adestradores da RFGF aproveitou estas «VI Xornadas de Actualización e Reciclaxe de fútbol» para render homenaxe aos «Adestradores de Honra da delegación de Vigo», un grupo de técnicos selectos de 65 anos ou máis que dedicaron gran parte da súa vida para impartir maxisterio no fútbol provincial.
Así, os adestradores homenaxeados foron os seguintes:
O fútbol galego segue marcando tendencia
Adestradores e adestradoras de todas as categorías asistiron o luns a estas xornadas ás que tamén asistiron o presidente da RFGF, Rafael Louzán; o vicepresidente Fernando Iglesias; o delegado federativo Borja Arca; varios membros da xunta directiva da RFGF; o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela; a alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro; e o concelleiro de deportes, Luis Rodríguez.
Alerta