17 noviembre, 2021
A concellaría de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, subvenciona catro intervencións que mellorarán espazos públicos de asociacións e comunidades de montes.
A concellaría de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote,destina case 10.000 euros en axudas para subvencionar intervencións de mellora de espazos públicos das entidades veciñais.
As beneficiarias desta liña de financiamento en concorrencia competitiva son a Asociación de Veciños Piñeiro Manso de Celeiros e as comunidades de montes en man de común de Celeiros, Nogueira e Arcos. A edil destaca que con estas subvencións “axudamos ás entidades a intervir nos seus espazos para mellorar a calidade de vida local, e fomentar e dinamizar o noso asociacionismo veciñal”.
A Asociación de Veciños Piñeiro Manso de Celeiros recibirá 2.697 euros para o acondicionamento dun camiño de acceso, a CMVMC de Nogueira realizará a limpeza e o formigonado dunha presa de regadío cunha subvención de 3.000 €, a CMVMC de Celeiros recibirá 2.873 € para o arranxo dun lavadoiro e dunha fonte, mentres que a CMVMC de Arcos obterá 1.327 € para a rehabilitación e acondicionamento da poza e fonte da Rocha.
A concelleira tamén quere agradecer ás entidades “o seu labor para dinamizar e mellorar a calidade de vida local en Ponteareas”, e destaca que a concellaría sempre estará da súa man nas iniciativas que satisfagan as necesidades e aspiracións da veciñanza.
Alerta