Ponteareas reparte cerca de 15.000 euros en axudas para libros de texto e material escolar

Compartir
Material escolar. Fonte: Concello

O Concello cubriu todas as solicitudes presentadas que cumpriron os requisitos.

 

O Concello de Ponteareas leva dende o ano 2016 axudando ás familias coa adquisición de libros de texto e material escolar para a escola e o instituto. Soamente no curso actual repartiu cerca de 15.000 euros en axudas para cubrir todas as solicitudes presentadas
que cumpriron os requisitos.

A alcaldesa e concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, explica que estas axudas responden “ao noso compromiso para apoiar ás familias con estes gastos para garantir unha educación en igualdade de oportunidades”.

Ademais destaca que “benefician, sobre todo, a aquelas familias que non poden optar a outro tipo de subvencións, como as da etapa infantil” e que, este ano, axilizamos o procedemento ao máximo para pagar o antes posible.

Cada unidade familiar recibiu un máximo de 100 euros para libros de texto e material escolar necesario para o alumnado da etapa de Educación Infantil, (4º, 5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e Bacharelato dos centros escolares do Concello de Ponteareas.