Pontevedra, capital do ilusionismo desde o sábado 24 até o mércores 28 de xullo

Compartir

Desde o sábado 24 até o mércores 28 de xullo, a Praza da Ferraría acollerá un espectáculo diario ás 22 horas dun recoñecido ilusionista.

Dani Polo, Pedro Volta, Arkadio e Solange Kadinaly, Mago Teto e Mago Cayetano Lledó son os nomes que encherán de maxia a praza pontevedresa.

A programación do Son da Rúa, que recolle todas as actividades lúdicas e de ocio proxectadas polo Concello de Pontevedra para este verán, continúa avanzando sen graves problemas, agás as reprogramacións derivadas das incidencias meteorolóxicas.

Nesta fin de semana, comezará a ciclo Ponteilusión, que permitirá gozar dun espectáculo diario, ás 22 horas, na Praza da Ferraría, durante cinco días consecutivos, entre o sábado 24 de xullo e o mércores 28 de xullo.

Os espectáculos, de carácter gratuíto na súa totalidade, poden ser vistos por toda a familia e non se contemplan restricións de idade. Ademais, como en todas as actividades programadas polo Concello, seguirase o protocolo sanitario establecido polas Administracións na procura dunha cultura segura. A continuación tes a listaxe en orde de actuación:

  • Sábado 24 :A maxia de Dani Polo (Dani Polo) – O mozo mago galego traerá un espectáculo trepidante e áxil, onde todo é posíbel sobre o escenario.
  • Domingo 25 :: Ilusionante (Pedro Volta) – O ilusionista pontevedrés achega un espectáculo de maxia para toda a familia onde Pedro Volta conecta durante 80 minutos cos soños e a fantasía da infancia dos espectadores. Nesta xira incorpóranse novos números espectaculares de escapismo, a súa especialidade
  • Luns 26 :: The Magicians (Arkadio e Solange Kadinaly) – A coordinación entre Arkadio José e Solange Kardinaly é unha unión máis que efectiva e divertida. A parella de artistas traerá até a Boa Vila o seu novo espectáculo conxunto.
  • Martes 27 :: Alquimia (Mago Teto) – Logo de varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, o Mago Teto busca a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón: a felicidade! A do público e a felicidade de seu.
  • Mércores 28 :: Francois Lafayette. Le Cirque (Mago Cayetano Lledó) – Maxia e humor aparecen combinados a través das liñas do teatro clásico e as correntes actuais, mais cun enfoque innovador e característico que outorga Cayetano Lledó. O circo agarda!