22 diciembre, 2023
Estará en marcha case toda a programación de Nadal co O Ganapán, Nadal Xogos no Recinto Feiral, a Bosque de fogos, animación de rúa, música no Pazo da Cultura e a programación dos barrios e das parroquias.
Antes do Nadal o Concello de Pontevedra reforza a programación festiva para dar a benvida a Noiteboa e a o día de Nadal. O Ganapán, Nadal Xogos no Recinto Feiral, a Bosque de fogos, animación de rúa, música no Pazo da Cultura e a programación dos barrios e das parroquias son algunhas das propostas para esta fin de semana.
O sábado, 23 de decembro, de 11 a 13.30 horas o Ganapán no Mercado de Abastos, programa Abetos nevados de chocolate e As nosas tradicións: O trasno Trubinco.
Tamén rematará San Antoniño, especial Nadal que continúa ofrecendo actividades para a cativada dentro da programación da Concellaría de Promoción económica de dinamización do comercio local. As actividades comezarán a partir das 17.00 horas. Súmase a esta proposta, Merca no barrio que traslada a súa actividade ás Galerías da Oliva de 16.30 a 20.30 horas.
O Nadal chega á parroquia de Mourente, no Local social dos Campos co espectáculo « É cousa de maxia ». E polas rúas do centro histórico estará « O apalpador e o séquito do Monte Furado » a partir das 18.00 horas.
O concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo no Pazo da Cultura comezará ás 20.00 horas.
Programación en Noiteboa
O día de Noiteboa, 24 de decembro, Merca no barrio celebrarase na praza da rúa Cruz Vermella entre as 16.30 e as 20.30 horas, e nas parroquias o Nadal chegará a Ponte Sampaio co espectáculo « Os ourizos agarimosos » a partir das 16.30 horas.
Poboado e Bosque de Nadal
Ademais permanece aberto o Poboado de Nadal da Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas onde se pode atopar o mercado de artesanía e nadal e a ambientación de nadal. O luns, 25 de decembro, día de Nadal permanecerá pechado.
O Bosque de xogos da praza de España onde está tirolesa, a pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local, están aberto de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas.
A Carpa de xogos, tamén no Bosque de xogos da Alameda e da praza de España, con actividades para cativos de 0 a 12 anos, estará aberta de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.
O Bosque de xogos permanecerá pechado o 25 de decembro.
Tamén está aberto Nadal Xogos no Recinto Feiral con talleres, contacontos, inchables, xogos tradicionais… O horario é de 16.30 a 20.00 horas. O día de Nadal, 25 de novembro, permanecerá pechado.
Alerta