Comisión Executiva do Eixo Atlántico en Viana do Castelo (Portugal). Asisiten De Portugal: Ricardo Ria (Presidente Eixo Atlántico e Presidente da Cámara de Braga), Antonio Barroso (Cámara de Braga), Luís Salgueiro (VicePresidente Eixo Atlántico – Matosinhos), José María Costa (Viana do Castelo), Manuela Passos Silva (Viana do Castelo), Hernani Dias (Bragança), Julia Rodrigues (Mirandela) e Rui Moreira (Porto). De Galicia: Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense), Lara Méndez (Alcaldesa de Lugo), Alfredo García (Alcalde do Barco de Valdeorras), Miguel Anxo Fernández Lores (Alcalde de Pontevedra), José Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela), José Crespo (Alcalde de Lalín), Abel Caballero (Alcalde de Vigo). Comisións Políticas no Eixo Atlántico: Fernando González Laxe (Economía), Carlos Sá Carneiro (Innovación), Emilio Fernández (Sostenibilidade), Frances Cárdenas (Sostenibilidade), Luís Ramos (Sostenibilidade) e José Luis Méndez Romeu (Política Urbana).
5 julio, 2021
Tras o debate, que se alongou por máis de tres horas, a Comisión Executiva considera urxente reforzar e incrementar a participación dos concellos na xestión destes fondos, tanto na súa programación como na súa execución.
Esta mañá, Viana do Castelo acolleu a Comisión Executiva extraordinaria do Eixo Atlántico na que participaron por primeira vez os presidentes das Comisións Políticas creadas en virtude das conclusións da Conferencia de Alcaldes de Pontevedra, así coma
os expertos de alto nivel de cada comisión. Neste contexto, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores trasladouse á localidade portuguesa para participar na Comisión Executiva e tamén como membro da Comisión de Política Urbana.
O obxecto desta convocatoria era debater monograficamente sobre os plans de recuperación e resiliencia post pandemia tanto en Galiza como no norte de Portugal, e o papel que as Administracións locais xogaron na xestión da crise e por tanto o que deben de xogar tamén na xestión dos fondos para a recuperación dos efectos da crise.
Tras o debate, que se alongou por máis de tres horas, a Comisión Executiva considerou da maior urxencia e importancia reforzar e incrementar a participación dos concellos na xestión destes fondos, tanto na súa programación como na súa execución, para garantir a eficiencia dos mesmos para os obxectivos aos que van destinados.
Esta conclusión, segundo o exposto durante a xornada, fundaméntase nos seguintes puntos:
• Os concellos xogaron un papel determinante na xestión da crise, dende os servizos básicos á poboación, incluíndo servizos sociais e educativos, a subministración á poboación de alto risco, as axudas a Pemes e autónomos, até a motivación e o mantemento do estado de ánimo colectivo nun momento extremadamente duro para o que ninguén estaba preparado.
• En consecuencia, os concellos deben xogar un papel relevante na primeira liña da xestión dos fondos, incluíndo a aceptación das súas propostas sobre actuacións a financiar, xa que son os mellores coñecedores das necesidades dos seus territorios e da
súa cidadanía.
• Evidenciouse un déficit común, tanto no Estado español como en Portugal sobre o nivel de participación dos concellos, non só pola abertura dos gobernos cara a estes, senón tamén pola escasa aceptación de propostas provenientes dos mesmos.
• Constatouse que tanto o programa español como o portugués, remitidos á Comisión Europea, integran os eixos principais que a Conferencia de Alcaldes do Eixo Atlántico identificou como prioridades para a saída da crise, en Pontevedra, o pasado ano.
Desde esa óptica os alcaldes manifestaron o seu acordo cos eixos prioritarios de ambas as propostas portuguesa e española, aínda que lamentan que en moitos casos non se concretasen nas remitidas polos concellos.
• Existe unha preocupación maioritaria sobre a eficiencia e o resultado dos fondos, xa que non responde maioritariamente a iniciativas innovadoras que desde o ámbito das cidades e da cidadanía contribúan á recuperación da economía. Igualmente existe o risco de que os fondos se atribúan a obxectivos que non se corresponden coa crise e mesmo empresas que estaban en crises antes da pandemia.
• Igualmente existe unha gran preocupación sobre o aproveitamento dos fondos ou a posible perda dun volume importante polas trabas burocráticas que os sistemas que se
están deseñando poidan conlevar.
MADRID, 20/09/2024.-El jefe del Ejecutivo, Pedro Sánchez, recibe este viernes en la Moncloa al presidente de la Xunta de Galicia Alfonso Rueda, en el marco de la ronda de contactos con todas las autonomías anunciada tras pactar con ERC una 'financiación singular' para Cataluña., este viernes en el Pàlacio de La Moncloa.-EFE/ Zipi Aragón
Alerta