20 octubre, 2021
O concelleiro responsable de Montes, Alberto Oubiña trasladouse a Madrid para recoller o recoñecemento ao proxecto que quedou finalista na categoría de Infraestrutura verde, dentro da convocatoria do III Premio de boas prácticas locais pola biodiversidade.
O concelleiro responsable de Montes, Alberto Oubiña recolleu esta mañá na sede da FEMP, (Federación española de Municipios y Provincias), en Madrid o galardón como finalista do III Premio de boas prácticas locais pola biodiversidade ao proxecto ‘Creación da Rede de Parques Periurbanos do Concello de Pontevedra’, na categoría Infraestrutura Verde.
O concelleiro amosouse moi contento por recibir este galardón en nome de Pontevedra, xa que recoñece todo o traballo que se está a realizar dende o Concello pola recuperación dos espazos dos montes, que se teñen convertido nun lugar de lecer e encontro dos veciños e veciñas da cidade; e porque é un incentivo para seguir traballando nesta dirección.
O III Premio de boas prácticas locais pola biodiversidade ten o obxecto recompilar e difundir as actuacións desenvolvidas polas Entidades Locais españolas, no campo da conservación e o incremento da biodiversidade. Así mesmo, preténdese recoñecer ás Entidades Locais españolas os seus esforzos na protección da biodiversidade.
Alerta