12 agosto, 2021
Asfaltado dos 1.164 metros finais da etapa 20 Sanxenxo-Mos
A obra, cun orzamento de 100.000 euros, representa unha importante mellora para a parroquia de Cela e para o municipio en xeral; e está financiada íntegramente pola Xunta de Galicia.
A piques de rematar a obra de mellora da seguridade viaria na subida ao Castro de Herville, na parroquia de Cela, que comezou onte e que se acomete grazas ao convenio de colaboración do Concello de Mos coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, que financia a execución do proxecto cun orzamento de 100.000 euros.
Deste xeito queda notablemente optimizada unha estrada pola que, en cuestión de días, pasará La Vuelta Ciclista a España, sendo o Castro de Herville meta da etapa 20, Sanxenxo-Mos, que se celebrará o vindeiro 4 de setembro.
O obxectivo destas obras é a mellora da pavimentación do camiño Salgueiro e estrada subida ao Castro de Herville, na parroquia de Cela. Débese ter en conta que o vial atópase asfaltado de fai moitos anos, o que merma as condicións, debido aos desniveis existentes; por iso esta representa unha importante mellora para a parroquia de Cela e para o municipio en xeral.
Os traballos que desde onte se están a realizar nesta estrada son de regularización do asfalto, e aplicación de mestura bituminosa en quente nas zonas que presentan un maior deterioro. Así como o recrecido, consistente na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste, estendida e compactada.
Previa á extensión de dita capa, realizouse unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica. Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos
A zona de mellora da pavimentación ten unha lonxitude de 320 metros no camiño do Salgueiro, 844 metros na estrada de subida ao Castro de Herville e zona da praza e accesos do alto de Herville; e un ancho medio de 5.80 metros.
As actuacións previas realizadas antes de iniciarse o asfaltado foron o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros e barrido da calzada.
Alerta