Salvado en ruta. Fonte: Deputación
14 diciembre, 2021
O concerto, que está incluído no ciclo ‘Salvado en Ruta’ subvencionado pola Deputación e Turismo Rías Baixas, será mañá mércores ás 19.30h no Edificio Castelao.
O Museo de Pontevedra vai acoller mañá mércores o prelanzamento do disco ‘Salvado Piano Works’ que a pianista e xestora cultural Andrea González lanzará proximamente coa música para piano do monxe benedictino galego Rosendo Salvado.
Esta presentación, que terá lugar no Edificio Castelao ás 19.30 horas, enmárcase no ciclo ‘Salvado en Ruta’, subvencionado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas. A creación de Andrea González chegará do 15 ao 20 de decembro a diferentes concellos de Pontevedra, (Nigrán, Arbo, Gondomar e Redondela), para unir patrimonio e música coa vontade de compartir o legado cultural e natural da provincia.
O ciclo tamén chegará o sábado 18 de decembro á cidade portuguesa do Porto dentro do marco da ‘Mostra Espanha’ organizado polo Ministerio de Cultura e Deporte de España, no que participará como convidada a soprano Leonor Bonilla.
Andrea González recupera co seu novo disco a música do monxe español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica de Australia e pioneiro na defensa dos dereitos humanos dos aboríxenes. Un personaxe ecléctico que negociaba con reis e papas, convivía con tribos indíxenas e consideraba a música epicentro da súa misión. A súa poliédrica personalidade e múltiples intereses abrazaron disciplinas como a medicina, a arte, a ciencia e a botá nica, exercendo ao mesmo tempo como diplomático, artista e escritor, pero sempre co seu vocación misioneira como eixo vertebrador da súa vida.
A xestora cultural e pianista Andrea González foi elixida entre as ‘Top 100 Mulleres Líderes de España’ e é ‘Premio Nélida Piñón’ de Cultura. Foi galardoada en numerosos premios nacionais e internacionais como pianista e actúa en España, Portugal, Italia, Reino Unido, Australia e Cuba, destacando a Australian National University, o Teatro Nacional de Cuba e o Milton Court do Barbican Center de Londres. É xurado de concursos internacionais de piano como o de Santa Cecilia no Porto, Orbetello en Italia ou o Great Master.
É profesora de Producción e xestió n de Música e Artes Escénicas no Conservatorio Superior de Música de Vigo, vicepresidenta de Mocidades Musicais de España, presidenta de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico e directora do International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM). Foi directora técnica da Orquestra Vigo 430, directora artística de Camiños Sonoros da Xunta de Galicia, xerente do Taller Atlántico Contemporáneo e coordinadora da Young Audiences Music de Jeunesses Musical International.
WhatsApp us