Fotografía dos premiados e autoridades nos "Premios Artesanía de Galicia 2025"
1 diciembre, 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron este luns no acto de entrega
A Xunta pon en valor os obradoiros recoñecidos cos Premios de Artesanía de Galicia 2025 e coas bolsas Eloy Gesto para avanzar na competitividade do sector
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron hoxe en Santiago de Compostela no acto de entrega dos Premios de Artesanía de Galicia 2025. Alí, González felicitou os premiados e finalistas pola súa capacidade para innovar en materiais e técnicas partindo da tradición, así como o seu labor no marco dun eido artesán que destaca —dixo— como xerador de emprego, vertebrador do territorio e fixador de poboación, especialmente no rural.
Na súa intervención de clausura do acto, o titular de Emprego valorou o traballo tanto dos obradoiros recoñecidos cos Premios Artesanía de Galicia e Traxectoria, como dos que conseguiron as tres bolsas Eloy Gesto —de 4.000 euros cada unha— para investir en formación especializada en centros de referencia. Enmarcounos na longa lista de oficios artesáns en Galicia que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada para responder de xeito eficaz ás demandas do mercado actual e das persoas consumidoras. Todo nun acto no que tamén estiveron presentes o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, ou a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
Compromiso da Xunta
Segundo destacou, a Xunta de Galicia aposta pola artesanía de xeito decidido para potenciala como un sector de oportunidades, con novas iniciativas como a creación en Santiago de Compostela da Casa do Artesán, un espazo que servirá de sede da Fundación Artesanía de Galicia ao tempo que acollerá unha exposición permanente do sector. Tamén se porán en marcha novas medidas como 1 M€ para a formación de aprendices, fomentando novas vocacións de emprendemento vencelladas á artesanía en liña do traballo xa feito con programas como Aprender da tradición, no que se ampliará o abano de disciplinas formativas nas que asegurar o futuro a través da incorporación das novas xeracións.
A maiores, o conselleiro sinalou que se volverán convocar as axudas específicas para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización (265.000 €) e as de impulso á innovación, modernización e sostibilidade do comercio local e artesanal (case 4 M€). Así mesmo, reforzaranse accións para difundir o bo facer artesán como Artesanía no Prato, que seguirá viaxando coa súa aposta por combinar artesanía e gastronomía.
Recalcando que o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 inclúe no seu segundo eixe —para a dinamización e visibilidade do comercio— unha medida para impulsar o posicionamento da marca Artesanía de Galicia, referiuse tamén á segunda edición de Artesanía, Saber e Sabor que arrancará este venres 5 de decembro (ata o luns 8) en Ribadavia como un mercado de produtos artesáns e alimentarios e do comercio local da vila. Será o arranque do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas, que se porá en marcha inicialmente en preto dunha decena de locais acondicionados para albergar de xeito efémero diferentes actividades comerciais e artesanais, así como accións de dinamización económica, social e cultural; para chegar a mediados de 2026 a un total de 15 inmobles.
| Categoría | Gañador |
Finalistas |
|
Premio Artesanía de Galicia |
Peza colaborativa (xogo de té en funda de coiro Nemein) do obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños) e do taller de marroquinería Coiro Tres Pés (Campañó, Pontevedra)
|
|
|
Premio Traxectoria |
Antón Corral Martínez (Tui)
|
|
|
Bolsa Eloy Gesto |
Ana Belén Martínez Avelleira, do obradoiro de cestería Casa Atlântica (Redondela)
|
|
|
Bolsa Eloy Gesto |
Cristina Morales, do taller Vidrieras Artísticas Cosmo (Vigo)
|
|
|
Bolsa Eloy Gesto |
Pablo Sánchez Otero, do obradoiro Pablo Sánchez Guitarrero (A Coruña) |
|
Alerta