25 octubre, 2021
O Alcalde da Cañiza reúnese co Director Xeral de maiores e persoas con discapacidade da Xunta para tratar sobre as liñas de axudas de 2022 a Concellos, para a prestación deste de servizo.
Luis Piña e Fernando González reuníronse en San Caetano o pasado xoves para tratar sobre as axudas da Xunta de Galicia para 2.022 dirixidas aos Concellos para poder adherirse á Rede Galega de Atención Temperá e que no caso da Cañiza terá que cumplir cunha serie de condicións por ser un Concello con menos de 10.000 habitantes. A prestación terá que realizarse mediante xestión compartida mancomunándose con outros Concellos. A Cañiza porá a disposición do Servizo instalacións e xestión.
Luis Piña agradeceu a disposición e atención do Director Xeral quen en todo momento manifestou o interese de que este Servizo teña un punto de atención na Cañiza e informou ao Alcalde sobre as liñas de subvencións que sairán en 2022 para poder desenvolver este importante programa.
Qué é a atención temperá
A Atención Temperá é o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos e ás súas familias e ao seu contorno. Ten por obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A finalidade: facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
A clave da atención temperá está en que canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, mellores resultados se poden obter da atención profesional. Por iso as familias deben estar ben informadas sobre o proceso evolutivo normal dos seus fill@s para detectar as dificultades con prontitude.
Dende o servizo de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición e a recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais para mellorar a autonomía, a convivencia social e familiar e a inclusión social.
Alerta