28 agosto, 2021
A Deputación inviste 2,6 millóns € neste programa de contratos laborais, en prácticas a través do que xa están a traballar outras 130 persoas na Deputación e nos concellos
Carmela Silva: “Trátase dun programa que permite á mocidade ter a súa primeira experiencia profesional. O pasado ano conseguimos que o 25% das mozas e mozos participantes se quedasen nas empresas e ONG cun contrato indefinido”
Destacou a Presidenta Carmela Silva: “Estamos a traballar para que a nosa mocidade teña unha maior capacidade de empregabilidade” afirmou a presidenta da Deputación, ao referirse ao programa que conta con catro liñas de actuación independentes: “O teu primeiro emprego na Deputación”, “O teu primeiro emprego nos Concellos”, “O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais” e “O teu primeiro emprego en Organizacións non Gobernamentais”. As catro liñas ofertan contratos en prácticas, con todas as garantías e dereitos, de ata un ano de duración.
Ata o de agora están xa 127 mozas e mozos a traballar na Deputación (29) e nos concellos da provincia (98) e, a partir de setembro, será a quenda das persoas que comecen nas empresas e nas ONG, para o que a Institución Provincial investirá 1,8 millóns de euros. Neste caso, a Deputación ten xa elixidas as entidades participantes, e en marcha o proceso de selección das mozas e mozos que se van beneficiar dos contratos en prácticas.
Alerta