Programas de formación en Mos en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios

Compartir

 Dende a Concellaría de Promoción económica, Emprego e novas tecnoloxías desenvólvense a través da  Axencia de Colocación diversas acción formativas en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.

 

Dúas delas, de nivel intermedio e avanzado,  a través do programa Extraordinarias, programa dirixido exclusivamente a mulleres.

 E outra: Big Data- a través do programa IniciatiC 2021, dirixida a calquera persoa interesada.

 

PROGRAMA EXTRAORDINARIAS

Queremos facer visible a túa iniciativa local ou teu negocio local a nivel global en base á capacidade de innovación, creación de economía local e escalabilidade.

Programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.

Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.

Poden inscribirse calquera muller interesada en formarse en Marketing Dixital (nivel intermedio e avanzado).

A formación é on line, e ten unha duración de 1 hora e media repartidas en dúas sesións.

 

Taller: Extraordinarias nivel intermedio. Mulleres de Mos.

Data: 8 de septiembre. Hora: 18:30-20:00

Taller: Extraordinarias nivel avanzado. Mulleres de Mos.

Data: 9 de septiembre. Hora: 18:30-20:00

A formación realizase a través de Zoom.

O contido dos talleres será competencias de márketing dixital, design thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación.

 

PROGRAMA INICIATIC 2021

Taller de marketing dixital on line gratuito no Concello de Mos – BIG DATA

IniciaTIC é un programa de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social.

Ten como obxectivos:

  1. Paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, pemes e axentes da economía social que se puxo en especial evidencia a raíz do COVID19
  2. Apoiar e impulsar a dixitalización de devanditos axentes para mellorar a súa competitividade
  3. Facilitar a adaptación da actividade económica a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados polo COVID19

 

Taller: IniciaTIC Big Data

Data: 14 de septiembre. Hora: 19:00-20:30

 Se estás interesada en algún dos cursos, debes inscribirte no curso a través do Portal de Emprego INSCRICIÓN en https://mos.portalemp.com

 Se eres demandante de Emprego inscrita xa no Portal podes inscribirte directamente no curso.

Se non estás dada de alta debes inscribirte como Demandante de Emprego ou Alumno/a e posteriormente inscribirte no curso.