23 agosto, 2021
A Alameda de Marín encherase de danza esta fin de semana da man de Propulsa
Danza + Paisaxe + Patrimonio
Trátase dunha programación do Xacobeo 2021-2022 xestionada pola Xunta de Galicia, a través da Agadic, na cal a danza e as artes de movemento están enmarcadas en entornos de gran valor paisaxístico e patrimonial de Galicia. A cita, presentada esta mañá pola concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, será na Alameda o venres 27 de agosto ás 20.00 horas e contará con todas as medidas de prevención e control da Covid19.
Os espectáculos que Propulsa traerá a Marín serán de dúas compañías, a de Fran
Martínez e a de Fran Sieira, que interpretarán “O temperamento” e “Coreografías
dun DeMente”, respectivamente.
Sinopses “O temperamento” Afastarse, e quedar durmido. Pracidamente. Abandonado. Conmovido. E transitar aqueles territorios que descansan, que se extenden, aparecen e xa desapareceron; que se abalan, estoupan, salpican, que se crispan, que se elevan. A temperatura de tantas paisaxes. O seu temperamento e mailo meu.Para calibrar, unha vez máis, a cantidade de dor e plenitude; canto de cada cabe nunha man e noutra. Que pesa máis. E como non teño nada que perder, pérdome. Porque só quen se entrega resucita.
“Coreografías dun DeMente”
En “DeMente” plasmaremos unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. A reclusión prácticamente carceraria das persoas “dementes” noutros tempos pasados. Os amoreamentos de persoas enfermas. As contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios. A explotación da enferma. Plasmaremos, deste xeito, en escena a evolución dos tratamento ás persoas que padecen trastornos mentais, dende os amoreamentos prácticamente carcerarios ata a externalización dos nosos días.
Un xeito de ser.
Alerta