2 noviembre, 2024
O alcalde, Alberto Varela, a concelleira de Seguridade Cidadá, Tania García, despedirán esta noite ao equipo, formado por seis profesionais e voluntarios e diversos medios de rescate.
Viaxarán a Moncada e estarán baixo a Central de Emerxencias da Generalitat.
Seis traballadores de Protección Civil de Vilagarcía, entre funcionarios e voluntarios, co xefe do Servizo Municipal de Emerxencias, Francisco Javier Busto, ao mando partirán esta noite con destino a Valencia para participar nas labores de axuda e rescate na catástrofe provocada pola DANA. Na marcha da expedición, ás 22:00 horas, dende a base de Agustín Romero, estarán o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Tania García, que dende o momento en que os traballadores se ofreceron a ir lle prestaron todo o seu apoio. De feito, ata Valencia irán con medios municipais: dous coches, un quad e un remolque con bombas de achique, xeradores de electricidade, equipos de excarcelación e iluminación, etcétera.
Os profesionais se establecerán no municipio de Moncada e estarán baixo a coordinación da Central de Emerxencias da Generalitat Valenciana. Aloxaranse nun pavillón de deportes e levarán comida e bebida posto que teñen que ser totalmente autónomos neste aspecto.
Alerta