31 agosto, 2021
“Estas iniciativas públicas axudan á conciliación e ao fomento do ocio da rapazada de Marín, e por iso seguiremos apostando pola súa organización”, asegurou a Alcaldesa
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada da Concelleira de Educación, Marián Sanmartín, visitou á rapazada participante nos campamentos de verán municipais organizados polo Concello e que hoxe chegaron á súa fin.
Como despedida, os nenos e nenas gozaron hoxe dunha mañá na Finca de Briz, ata onde se trasladaron as representantes do Goberno local e onde puideron intercambiar impresións co monitorado, que se encargou de explicarlles o bo funcionamento que tiveron as sesións.
“Con este tipo de oferta pública conseguimos, por unha banda, ofrecer unha alternativa de ocio para os máis pequenos da casa, que precisan de estímulos e de diversión durante a época do verán, pero ademais fomentamos a conciliación familiar nunha época do ano na que os pais e nais teñen máis dificultade por non hacer colexio”, explicou a Rexedora.
En total, durante os meses de xullo e agosto máis de 250 nenos e nenas, gozaron deste servizo, que este ano se desenvolveu entre as instalacións da Laxe e as casas de cultura de Seixo e Mogor.
Alerta