Ramallo tende a man de apoio aos centros educativos no arranque do curso escolar

Compartir
Visita centros escolares. Fonte: Concello

A Alcaldesa finalizou esta semana a ronda de visitas aos colexios
da vila, volvendo á Nosa Señora do Carme, para mostrarlle a
alegría do Concello, pola incorporación da segunda mestra e do
coidador de apoio.

O mes de setembro é especialmente difícil para a comunidade educativa, que
precisa organizar todo o arranque do curso escolar. Despois de ter estado en
varios centros, hoxe a Alcaldesa, María Ramallo, quixo rematar a súa ronda de
visitas aos colexios en Seixo e volvendo á Nosa Señora do Carme.

Neste último centro, finalmente quedan 30 alumnos e alumnas con dúas
unidades, que contarán con dúas mestras, unha persoa coidadora para alumnado
con necesidades especiais, un PT (Pedagoxía Terapéutica), con 10 horas á semana,
un AL (Audición e Linguaxe), con cinco horas á semana, unha persoa de
Orientación con 3 horas semanales, e tres mestres, de Inglés, Relixión Católica e
Relixión Evanxélica respectivamente, con 2 horas á semana cada un.

 

Visita centros escolares 2. Fonte: Concello

Pola súa banda, a Alcaldesa, acompañada pola Concelleira de Educación, Marián
Sanmartín, interesouse en Seixo polas obras de mellora de parte do muro exterior,
que foron realizadas durante a temporada de verán, co obxectivo de comezar o
período lectivo con toda a infraestrutura lista.

Ramallo incidiu na axuda que desde o Concello se quere prestar ás familias que
fan uso do comedor escolar, coa cofinanciación de 10 euros ao mes por cada
neno, ademais do pago completo nos casos derivados de Servizos Sociais.

Ademais, a Alcaldesa mostrou todo o seu apoio a Ampas e equipos directivos,
“para seguir traballando man a man para que os centros educativos vaian
mellorando, crecendo e optimizando a súa oferta”.

No que respecta ás medidas relacionadas coa pandemia, desde o Concello
seguirá intensificándose a cuestión da limpeza para que poida garantirse a
seguridade nos centros.