Ramallo visita as obras do Paseo Alcalde Blanco, pendentes da recepción de materiais

Compartir
Obras en Paseo Alcalde Blanco. Fonte: Concello

Os problemas xerais de desabastecemento retrasan a colocación dalgúns elementos, como as madeiras das bancadas ou algúns elementos do establecemento hostaleiro da punta.

Así a todo, xa se foron colocando outros atractivos do novo paseo, como os xogos de auga e pronto se continuará coa prantación nos parterres.

 

 

A alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, visitaron xunto cos técnicos municipais e os traballadores da empresa adxudicataria, as obras do Paseo Alcalde Blanco. Aínda que o proxecto está moi avanzado, a crise de subministros que se está a producir a nivel global retrasa a colocación dalgúns elementos, como as madeiras das bancadas ou certas cuestións do establecemento hostaleiro da punta.

 

Obras en Paseo Alcalde Blanco. Fonte: Concello

 

Así a todo, si que se avanzou por exemplo na colocación do que, de seguro, será un dos grandes atractivos do novo Paseo Alcalde Blanco: os novos xogos de agua. A zona de ocio conta con cinco elementos que se activan a través dunha botoneira táctil, para activar un circuito de 4 minutos durante os que sae auga, creando un circuito lúdico que permite mollarse e resfrescarse de cara ao verán.

Trátase dun circuito pechado, que conta con dous desaugadoiros que recollen toda a auga que sae dos elementos para reutilizala no momento no que se volven activar.

 

Obras en Paseo Alcalde Blanco. Fonte: Concello

 

No que respecta ao local de hostalaría, estase a traballar na creación dos pregos para a concesión do mesmo, que definirán a súa execución.

A alcaldesa avanzou a pé de obra que a reconfiguración do Alcalde Blanco será “unha oportunidade para redesfrutar este espazo privilexiado que temos, cunha nova distribución e estética”.

A obra, que está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, ten un orzamento total de 1.135.542,12 euros, e forma parte da estratexia de desenvolvemento urbano sostible Marín Dusi.