A Concellaría de deportes informa:
Este sábado, día 14 de agosto de 2021 ás 12.00 horas, o Concello de Cangas vai facer a recepción oficial aos medallistas olímpicos Teresa Portela, Rodrigo Corrales, Iván Villar e Rodrigo Germade.
O acto terá lugar na Explanada das Naves de Ojea, e para poder asistir será necesario facer reserva na Casa da Xuventude de Cangas ou a través do teléfono 986 39 21 64 co horario de atención o público de 10.00 a 13.00 horas.
Por temas de seguridade e protocolo sanitario, as prazas serán limitadas, polo que facemos hincapé en facer a reserva con anterioridade para poder acudir o acto.