Recortes Cero celebrou o seu primeiro mitin en Vigo, encabezado por Nuria Suárez, candidata á Presidencia do Goberno, e cabeza de lista por Barcelona.
Durante o acto interviñeron ademais oito candidatos das catro provincias galegas abordando distintos puntos do programa da formación como a loita contra a violencia machista, a blindaxe constitucional das pensións, as medidas contra os abusos dos monopolios que atacan o medioambiente, o plan de reindustrialización baseado na devolución do rescate bancario, e a presentación do Plan de Urxencia contra a Inflación.
A candidata Estefania Pérez abriu o mitin denunciando que ‘a inflación é un atraco de bancos e monopolios’ , que non é un “fenómeno natural”, resultado inevitable da pandemia ou da guerra. Segundo Estefanía Pérez ‘a banca gañou máis que nunca o ano pasado, aumentou os seus beneficios un 62%, especialmente en España’ poñendo exemplos como o de ‘unha familia hipotecada que ten que entregar aos bancos unha media de 300 euros máis ao mes pola súa hipoteca’
Durante o acto non se tivo reparo en sinalar a grandes compañías como Iberdrola, que gañou un 40% máis non por unha ‘xestión brillante’, mentres ‘o noso salario real, o poder adquisitivo, recortouse 2.000 euros nos últimos dous anos’. Ao mesmo tempo lembrouse que a Comisión Europea xa esixe recortes de ata máis de 13.000 millóns ao ano -unha cantidade cinco veces maior que todo o que se gasta en dependencia-.
Respecto a a política do Goberno, Manuel sanchez, candidato sinalou que nos últimos catro anos o Ibex-35 chegou a gañar o dobre que en 2019.
Francesc Ibáñez ha sido el encargado de presentar el plan para reindustrializar el país, comparándolo con las propuestas del resto de las candidaturas. ‘Pedro Sánchez quiere impulsar la industria de los microchips en España, una de las más punteras. Bien. ¿Qué ha hecho? Viajar a EEUU para proponerle a los grandes monopolios norteamericanos que la desarrollen en España, recibiendo ellos una parte de los fondos europeos. Y Sumar propone ahora crear medio millón de empleos impulsando las energías renovables. ¿De
dónde saldría el dinero? De que el Estado lo ponga. Y de los fondos europeos. No toca en nada los beneficios ni los recursos que controlan bancos, monopolios y capital extranjero. Y lo basa en unos fondos europeos para las renovables que se están llevando las grandes eléctricas como Iberdrola o Endesa’.
Respecto a a política do Goberno, Manuel Sanchez, candidato, sinalou que no últimos catro anos o Ibex-35 chegou a gañar o dobre que en 2019.
Pastora Fernández foi o encargada de presentar o plan para reindustrializar o país, comparándoo coas propostas do resto das candidaturas. ‘Pedro Sánchez quere impulsar a industria dos microchips en España, unha das máis punteiras. Ben. Que fixo? Viaxar a EEUU para propoñerlle aos grandes monopolios norteamericanos que a desenvolvan en España, recibindo eles unha parte dos fondos europeos. E Sumar propón agora crear medio millón de empregos impulsando as enerxías renovables. De onde sairía o diñeiro?
De que o Estado o poña. E dos fondos europeos. Non toca en nada os beneficios nin os recursos que controlan bancos, monopolios e capital estranxeiro. E baséao nuns fondos europeos para as renovables que se están levando as grandes eléctricas como Iberdrola ou Endesa’.
A proposta de Recortes Cero baséase nun plan de choque que mobilice case 100.000 millóns para reindustrializar o país, reducindo o paro por baixo do 7% porque se crean 1,5 millóns de empregos produtivos, fixos, con dereitos e bos salarios, a través dunha banca pública. ‘De onde sae o diñeiro? Non de que “o poña en Estado”, aumentando a débeda, senón de Redistribuír a Riqueza, en concreto, de que os bancos devolvan o diñeiro do rescate. Débennos 75.000 millóns. E algunhas contas elevan a débeda a 100.000 millóns’.