12 noviembre, 2021
O Alcalde, David J. Castro Mougán, acompañado de persoal municipal, estivo revisando os traballos de execución do “Proxecto de Rede de abastecemento de auga nos lugares de Lede, Picoña e Muiños”, que se están a realizar na parroquia de Lois.
As actuacións previstas consisten en primeiro lugar na demolición do pavimento asfáltico e formigón para proceder, a continuación, a realizar as escavacións mecánicas necesarias, e proceder así a instalar as unidades de canalización previstas no proxecto. Remataranse os traballos coa reposición de firmes afectados.
Deste xeito, o equipo de goberno municipal ten a intención de ampliar o servizo municipal de abastecemento de augas, nunha das zonas do concello, que na actualidade carece dese servizo básico para así mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas afectados.
Alerta