Balaídos.
“É vital que o Goberno do Estado siga presidido por Pedro Sánchez, para seguir adiante con estes proxectos, con este modelo de xeración e consolidación do emprego, un modelo que contrasta totalmente co aplicado polo Partido Popular na crise do ano 2008, baseado nos recortes”.
España, engadiu Regades, é hoxe unha referencia na xestión dos fondos europeos en Europa e de éxito na loita contra a inflación (agora no 1,9%, convertendo a España no primeiro gran país Europeo en baixar do 2%).
“Nigrán, como boa parte da provincia de Pontevedra”, afirmou Regades, “é un caso práctico de éxito deste modelo”.
Pola súa banda, Juan González, aplaudiu a transformación da Zona Franca, nestes últimos 5 anos, nunha auténtica ferramenta do Goberno de España para atraer empresas e xerar postos de traballo. Da man da Zona Franca, relatou, chegaron a Nigrán empresas como Nasas Nigrán, Emenasa, Argentia e Worpin. Están a piques de reforzar a súa presencia Brigal, BMC e INMI e pronto chegarán Jetxoel le Novo Berbés. O alcalde de Nigrán
tamén quixo deixar claro que “David Regades é garantía de que se van defender os intereses de Nigrán e da provincia de Pontevedra nas Cortes Xerais”.