3 febrero, 2025
Nesta edición, cabe destacar o diálogo entre xéneros teatrais e entre compañías galegas e de fóra do país.
Ron Lalá, Redrum, El espejo negro, Ibuprofeno Teatro, a compañía de danza Fran Sieira e a agrupación teatral do IES Illa de Ons de Bueu subirán as táboas do Teatro Principal e o Pazo da Cultura nos próximos meses.
Todos os espectáculos terán lugar os xoves ás 21h. a excepción de ‘Os miserábeis’ que, ao formar parte do programa do Salón do Libro, terá lugar ás 19h. do venres 28 de marzo a un prezo de 3€.
As restantes propostas contarán co prezo habitual de 8€ e reducido de 4€ para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos.
Xa está activa a venda en Ataquilla.com tamén do formato abono que oferta o total dos 6 espectáculos a un prezo de 26€+gastos.
O concelleriro de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mañá unha nova tempada de Ponteatro que aechegará 6 espectáculos arriscados que combinan diversas artes escénicas e xéneros teatrais entre o 20 de febreiro e o 3 de abril
“Temos unha programación que queremos que sexa realmente innovadora e arriscada porque nela van dialogar algunha das mellores pezas do teatro galego que podíamos traer con algunhas que traemos de fóra de Galiza. Comezamos no mes de febreiro con Ron Lalá que son unha compañía que fai humor, teatro e música por esa orde de importancia. Quen queira asistir a esta sesión, vai disfrutar sobre todo de humor nun teatro no que os actores tamén son músicos. Esta peza dialoga coa galega ‘#2Pilgrims’ de Redrum Teatro que é unha reflexión sobre temas moi actuáis: feminismo, novas masculinidades, etc. a partir da experiencia de dous actores que están en horas baixas e pensan que, a partir das posibilidades que ofrece o Camiño de Santiago, poden volver a lanzar a súa carreira. Un diálogo que non afecta só a que sexan pezas diferentes senón que son xéneros diferentes: unha peza de comedia con unha que ten máis que ver co drama ou a reflexión.
En marzo temos tamén ese diálogo pero cambiamos as tornas. Comenzamos con ‘El verdugo’ de El Espejo Mágico que é unha obra multipremiada, unha traxicomedia que versiona ‘El verdugo’ de Berlanga. O aspecto arriscado aquí é que traemos para público adulto unha peza de monicreques. A peza galega coa que dialoga é unha estrea recente, ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro, unha obra que sabemos que os e as afeccionadas ao teatro tiñan moita gana de ver aquí en Pontevedra. Neste caso dámoslle a volta porque onde hai música é na peza galega, na que hai toda unha reflexión a través do teatro, do que foi o franquismo nos anos 40 ata o Felipismo dos 80, vista a través dos ollos dos traballadores e traballadoras que padeceron a reconversión industrial.
E aínda arrsicamos moitísimo máis cara o final de Ponteatro porque levamos o 28 de marzo ao Pazo da Cultura ‘Os Miserábeis’, unha peza que quixemos traer ao programa de teatro profesional de Pontevedra malia que é unha obra que leva nas taboas á compañía do IES Illa de Ons de Bueu. Participa prácticamente toda a comunicade educativa e relaciónase con todas as demais obras polo feito de que aquí temos unha revisión da obra de Victor Hugo, traída a un ambiente máis galego e reflexionando sobre temas de moitísimo interese para a mocidade de hoxe en día.
E rematamos Ponteatro no mes de abril cunha peza de artes escénicas que non é teatro, ‘Ceibe’ de Fran Sieira, na que recuperamos a reflexión sobre o xénero, confrontado coa tradición galega, neste caso coa danza tradicional. Temos un diálogo entre a danza contemporánea e a danza tradicional, nun espectáculo de recente estrea que ten moi boas críticas e pensamos que era un bo momento de ampliar o abano do que adoitamos traer en Ponteatro. Unha programación arriscada, un diálogo entre xéneros teatrais e e entre compañías galegas e de fóra do noso país”
Unha viaxe ás catro primeiras obras de Ron Lalá. Un percorrido polas escenas esenciais dos espectáculos que a consolidaron como unha das compañías máis premiadas e aclamadas pola crítica e público: “Mi misterio del interior”, “Mundo y final”,
“Time al tiempo” e “Siglo de Oro, siglo de ahora”. Unha ruta teatral e musical, co desafío de revivir as catro propostas e dar conta da evolución creativa e escénica dos “ronlaleiros”. Catro espectáculos nun. Unha festa de humor crítico e cítrico. Ron Lalá en estado puro.
Creación colectiva: Ron Lalá
Dirección: Yayo Cáceres. Elenco: Juan Cañas, Miguel Magdalena, Diego Morales, Luis Retana e Daniel Rovalher.
Duración: 80 min
Alerta