Remata a operación Centinela Galego 2021

Compartir
Centinela Galego 2021. Fonte: Concello

O Alcalde despediuse onte do operativo da Brilat despregado na Cañiza, con motivo da finalización da operación “Centinela Galego 2021”, de defensa dos nosos montes.

 

 

Luis Piña achegouse este xoves, 30 de setembro, ata o Centro Cultural o Pateiro de Oroso, emprazamento onde estiveron despregados os efectivos militares da Brilat que formaron parte da operación Centinela Gallego 2021, para despedirse e agradecer a labor desenvolvida durante este verán no noso término municipal. Unha labor de vixiancia continua, de disuasión e de visibilidade .

Neste encontro o Alcalde reiterou “o compromiso e plena vontade do Concello de colaborar cos operativos da Brilat para defender os nosos montes, aportando e poñendo ao dispor do operativo de defensa todos os efectivos, e maquinaria municipal que se poidera necesitar en caso de incendio”. Pola súa banda os efectivos militares tamén quiseron agradecer a boa acollida que durante todo o despregamento recibiron tanto por parte da Institución Municipal como da veciñanza.

Dende o 15 de agosto ata o 30 de setembro estiveron despregadas un total de 30 patrullas terrestres nas zonas da Comunidade con maior actividade incendiaria. Unha delas na comarca do Condado – Paradanta, con sede única na Cañiza, que integra todos os Concellos do Distrito XVII e o Concello de Melón, pertencente ao Distrito XI Ribeiro – Arenteiro.

A Operación “Centinela Gallego 2021” é froito do convenio de colaboración das Forzas Armadas coa Xunta de Galicia, en prevención de incendios forestais e vixilancia dos montes Galegos.

Iniciouse o 15 de agosto e finalizou o día 01 de outubro co repregamento de todo o persoal ás súas bases de orixe. Neste mes e medio de operación despregáronse arredor de 100 militares ao día, sumando unha contribución final de 320 militares. Realizáronse 1.700 patrullas de presenza e vixilancia e percorréronse 250.000 quilómetros.

O avión non tripulado realizou máis de 60 voos sumando un total de máis de 2.500 minutos de observación.