8 octubre, 2021
O Proxecto DANA, da Fundación Érguete-Integración, combina aspectos técnicos da defensa persoal con ferramentas psicoemocionais, de forma que as mulleres non só senten que teñen capacidade de actuar fronte a situacións de perigo físico, senón que aprenden tamén a xestionar emocionalmente este tipo de situacións, ademais da recoñecer e frear agresións psicolóxicas e emocionais.
Realizáronse dous talleres, defensa persoal (8 horas) e autoestima e igualdade (4 horas), coa participación de 10 mulleres.
No acto de clausura, na tarde do xoves, a Presidenta da entidade, Dª Carmen Avendaño Otero, e a Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Dª Uxía Branco Iglesias, entregaron os certificados de participación na actividade ás alumnas. Estivo tamén presente o Vicepresidente da Fundación, Rubén Cagiao Avendaño, e Antonio Rebouras, docente de defensa persoal, quen recibiu un agasallo das alumnas.
Ningunha muller participante puido saír nas fotos debido a súa situación como vítimas de violencia de xénero. O motivo é para que os agresores non localicen a estas mulleres. Unha mostra máis da realidade coa que teñen que convivir.
O proxecto está financiado polo Concello de Vigo, Concellaría de Igualdade, a través da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2021.