Obras. Fonte: Concello
29 septiembre, 2021
O Concello de Arbo, asínaba un convenio de cooperación coa Consellería do Medio Rural para a realización das obras de Mellora de accesos en Merelle – Vilaseca, (Cabeiras).
O Importe das obras ascende a 38.709,50 €.
O concello de Arbo consideraba necesaria a execución da obra de infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle – Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este Concello se poideran acometer a súa execución por razóns orzamentarias.
A Consellería do Medio Rural, en uso das súas competencias, asinaba un convenio con Concello de Arbo, por un importe de 38.709,50 €. Para a realización das obras demandas pola administración local para a mellora do camiño no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras.
O Goberno Local, contemplou este proxecto que ten que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación, informa o Rexedor Horacio Gil.
O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Con esta actuación o Goberno Arbense sigue cumprindo cos compromisos adquiridos cos veciños e veciñas de Arbo, ao tempo que mellora a seguridade viaria.
Dada a ampla superficie do Concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada, sendo necesarios proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura nas devanditas estradas. O camiño de titularidade Municipal, atópabase pavimentado con aglomerado, pero con tramos que nun avanzado estado de deterioración.
WhatsApp us